Faíscas do Xiabre

Faíscas do Xiabre
[MÚS]

Grupo formado en Catoira en 1970, integrado por Xosé V. Ferreirós e Nando Casal (gaitas), Moncho García (tambor) e Serafín V. Lorenzo (bombo). Comezou a desenvolver o seu labor tocando en festas e romarías da bisbarra. Participaron en numerosos concursos de gaitas, e foron galardoados nos máis deles, como Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Sarria, etc. No ano 1974 principiaron un importante labor de divulgación da música tradicional de gaitas e realizaron concertos comentados por asociacións culturais de toda Galicia. Dende a súa fundación, seguiu moi de preto o traballo dos vellos gaiteiros cos que compartiron escenario e dos músicos tradicionais, como os Areeiras, os Campaneiros, os Rosales, os Irmáns Garceiras ou Ricardo Portela. No ano 1978 gravaron In Memoriam, disco dedicado aos Gaiteiros de Soutelo. Nese mesmo ano, tres dos seus membros formaron xunto con músicos doutras procedencias ao grupo Milladoiro.

Palabras veciñas

Faísca, A | faiscante | faiscar | Faíscas do Xiabre | faísta | Faistenberger | Faistós