fanfurriña

fanfurriña

(

  1. s f

    Consideración desmesurada que un ten da súa propia persoa.

    Ex: A súa fanfurriña faille pensar que é o mellor músico do mundo.

    Sinónimos: fachenda. Confrontacións: presunción.
  2. s f

    Enfado lixeiro e pouco importante.

    Ex: Cando se lle pase a fanfurriña falarei con el.

  3. adx

    Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘fachendoso’.

Palabras veciñas

Fanfani, Amintore | fanfare | fanfarra | fanfurriña | fanfurriñada | fanfurriñar | fanfurriñas