feitura

feitura

(< lat factūra)

  1. s f

    Acción e efecto de facer algo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Quen fai fillo a muller allea, perde o fillo e a feitura”.

  2. s f

    Maneira de estar feito ou de ser algo ou alguén.

    Ex: Destacaba a feitura delicada e traballada do violín. A súa feitura era atlética.

    Confrontacións: factura, feitío.
  3. s f

    Cousa que alguén fai ou provoca, especialmente algo malo.

    Ex: As súas feituras de pillabán desgústanme.

    Confrontacións: forma, forma.
  4. s f

    Aparencia exterior das cousas.

    Ex: A casa reformada non conservou a feitura da vella. Deulle feitura á escultura.

    Sinónimos: feitío.
  5. s f

    Parecido de algo ou alguén con respecto ao seu creador.

    Ex: Buscaba a feitura de Ramón no seu pai.

    Confrontacións: semellanza.