forma
(< lat forma)
-
Que se pode formar.
-
s
-
Aparencia exterior de algo segundo a disposición da súa materia e o conxunto de superficies ou liñas que a determinan.
Ex: Ese debuxo ten forma triangular.
Confrontacións: figura. -
pl
Liñas e superficies que configuran o corpo humano, especialmente o da muller.
Ex: Este vestido márcame moito as formas.
-
-
s
f
Cada unha das diferentes realizacións coas que pode presentarse algo.
Ex: Tes que usar a segunda forma do artigo. Podo elixir varias formas de pago para comprar o televisor.
- s
-
s
f
-
Condición física ou mental dunha persoa, especialmente cando son favorables.
Ex: Con durmir unha noite enteira recuperarei a forma para poder estudar outra vez.
-
[DEP]
Disposición dun deportista para practicar un deporte concreto. Conséguese cando existe un equilibrio entre peso, forza, axilidade e control mental.
Ex: Está en boa forma para a carreira.
-
-
s
f
-
[TECNOL]
Molde cunha figura e dimensións determinadas, no que se introduce unha materia que adquire o seu aspecto e tamaño.
Ex: Ten unha forma de plástico para facer figuras de escaiola.
-
Peza de madeira, con forma de pé, utilizada para fabricar e reparar o calzado. Tamén se emprega para estirar o zapato que aperta. Na tradición oral recóllese o dito: “A tal forma, tal zapato; e a tal zapato, tal forma.”
Ex: Estes zapatos quédanme pequenos, levareinos á forma.
-
[GRÁF]
Molde que está disposto para facer a tiraxe.
-
[TECNOL]
-
[DER]
-
por tratamento de forma
Alegación, nun procedemento penal ou civil, dun motivo formal no recurso de casación.
-
s
f
Requisitos externos dos actos xurídicos.
-
s
f
Cuestións procesuais, en contraposición ao fondo dun preito ou causa.
-
forma de Estado
Tipo de relacións xerais que existen entre os órganos superiores do Estado e os cidadáns, aínda que se exclúen as laborais, persoais, financeiras e tributarias. Baséanse en tres variables: a submisión ou non do Estado ao dereito, a participación ou non do pobo na xestión e control do poder público estatal, e a intervención ou non do Estado na orde económica e social.
-
forma de goberno
Sistema que regula xuridicamente a composición, organización, funcionamento e funcións dos órganos superiores do Estado e as súas relacións.
-
por tratamento de forma
-
s
f
[FILOS]
Constitución visible dun corpo. Oponse ao concepto de materia. Aristóteles foi o primeiro en facer a distinción entre forma e materia e afirmou que a forma era a esencia da materia, o propio dun ser. No home, a materia é o corpo e a forma a súa racionalidade. Santo Tomé de Aquino aplicou o concepto a Deus e definiuno como forma pura sen materia e, no caso do ser humano, a forma sería a alma inmortal. I. Kant levou o concepto ao terreo epistemolóxico e moral. Falou das formas a priori da sensibilidade, o espazo e o tempo, e das formas puras ou categorías do entendemento. No aspecto ético, sostivo que as únicas éticas válidas son as formais, aquelas que, sendo baleiras de contidos, explican a forma da acción.
-
[LING]
-
s
f
Sistema de regras con que a lingua organiza a substancia lingüística, á que se opón como tal. Esta oposición maniféstase no nivel da expresión (onde a substancia é o son descrito segundo a física, e a forma é a organización abstracta da substancia fónica) e no nivel de contido (onde a substancia fónica é o obxecto de estudo da semántica, e sobre ela proxéctase a forma do contido).
-
forma da expresión
Cada unha das formas que recibe un son nas diversas linguas, segundo a glosemática de Louis Hjelmslev.
-
forma do contido
Orde gramatical característica de cada lingua en que se presenta un significado, segundo a glosemática de L. Hjelmslev.
-
forma fonética
Combinación de fonemas, susceptible de ser pronunciada e cun significado determinado.
-
forma gramatical
Forma táctica dotada de significado, segundo Leonard Bloomfield.
-
forma intensiva
Forma que reforza o significado dunha palabra, como, por exemplo, o prefixo re- anteposto a certas palabras (reduplicación).
-
forma libre
Forma lingüística que se pode pronunciar sen estar unida a outra forma, segundo L. Bloomfield. Así, por exemplo, as formas que aparecen funcionando como frases son formas libres. OBS: Oponse a forma trabada.
-
forma lingüística
Forma fonética dotada de significación, segundo L. Bloomfield.
-
forma trabada
Forma lingüística que só se pode pronunciar se está unida a outra forma, segundo L. Bloomfield. Así, por exemplo, son formas trabadas as desinencias verbais (cant-aba). OBS: Oponse a forma libre.
-
s
f
-
-
s
f
[RELIX]
Palabras que se deben pronunciar para validar un sacramento. A materia e a forma son a esencia do sacramento.
-
historia das formas
[RELIX]
Formgeschichte.
-
sagrada forma
[RELIX]
Hostia para consagrar que se emprega no sacramento da Eucaristía.
-
s
f
[RELIX]
-
s
f
[BIOL]
Conxunto de individuos dunha mesma especie que presentan unha serie de características comúns entre eles e distintas das do resto de individuos da mesma especie. Son exemplos as variantes xeográficas, as diferencias de coloración, as diferencias acusadas de tamaño ou as modificacións estacionais.
-
s
f
[MAT]
Aplicación f dun espazo vectorial E de n dimensións no corpo K de escalares no que está definido e que xeralmente é o corpo dos números reais ou dos números complexos. Segundo sexa o valor de n e as propiedades de f, distínguense diversos tipos de formas. Dise que f é unha forma lineal se, para x e y de E e λ de K, f satisfai f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)=λ(f(x). O conxunto de formas lineais dun espazo vectorial E sobre o seu K, é E*, espazo dual. Se se pode considerar E como o produto cartesiano de n espacios vectoriais, unha forma f transforma todo o conxunto ordenado de n vectores nun escalar de K; se esta f, ao restrinxirse a un vector calquera, constitúe unha forma lineal, f recibe o nome de forma multilineal. Un caso particular é a forma bilineal definida sobre o espacio E 2 . Tamén se poden definir outras formas como as cuadráticas ou as hermíticas.
-
s
f
[IND]
Cribo de metal, envolto nun marco postizo, no que se bota a pasta necesaria para a fabricación dunha folla de papel.
-
s
f
[PSIC]
Conxunto significativo das relacións entre os estímulos e as respostas. A introdución deste concepto -tradución do termo alemán Gestalt- tivo como propósito aprehender os fenómenos psíquicos na súa totalidade, sen disociar os elementos do conxunto no que se integran, xa que fóra deste non teñen sentido. Aplicada primeiramente á percepción, a noción de forma estendeuse a toda a psicoloxía e deu orixe á escola da psicoloxía da forma -tradución do termo alemán Gestaltpsychologie-, fundada en 1912 por Max Wertheimer (1880-1943), como reacción contra anteriores teorías psicolóxicas que pretendían romper a vida mental en sensacións atómicas e ideas. Pódense atopar antecedentes en Lao-Tsé, Platón e Aristóteles, de cómo daban prioridade ao todo sobre as partes, e, sobre todo, na doutrina das calidades da forma (Gestalt Qualitäten) de Christian Ehrenfels, que enunciou en 1890 que unha melodía é máis que a suma dos sons que a compoñen.
-
factor de forma
[FÍS]
Relación que se establece entre o valor eficaz e o valor medio dunha corrente alterna, e que se pode aplicar a tensións ou a correntes.
-
forma biolóxica/ecolóxica
[BOT/ECOL]
Grupo de plantas con características morfolóxicas comúns para adaptarse ao medio. C. Raunkiaer definiunas segundo a altura das xemas invernadas e relacionou a altura co clima. Entre as principais formas biolóxicas están os fanerófitos, os caméfitos, os hemicriptófitos, os criptófitos e os terófitos.
-
forma farmacéutica
[MED]
ariedade na que se presenta un medicamento para que o enfermo teña máis fácil a súa administración. Clasifícanse en sólidos, líquidos e semisólidos, segundo a súa natureza física, e en orais, rectais, inxectables ou tópicos, dependendo da vía de administración.
-
forma fundamental
[QUÍM]
Forma cristalina dun sistema da que derivan todas as formas simples posibles. No sistema cúbico é o cubo; no sistema hexagonal, un prisma recto de base hexagonal regular; no sistema tetragonal, un prisma recto de base cadrada; no sistema trigonal, un prisma recto de base triangular, que nalgunhas clases cristalinas é equilátero e noutras un romboedro; no sistema rómbico, un prisma recto de base rómbica; no sistema monoclínico, un prisma oblicuo de base rómbica coas arestas inclinadas no sentido dunha das diagonais da base; e no sistema triclínico, un paralelepípedo.
-
forma musical
[MÚS]
Modo no que está organizada unha idea musical a través dun sistema que permite comprender a obra na súa totalidade. A súa característica principal é a unidade que se alcanza mediante diversos elementos melódicos, harmónicos ou rítmicos, ou tamén determinadas combinacións vocais e instrumentais. Un ritmo, unha tonalidade ou a repetición de motivos melódicos ou rítmicos poden individualizar formalmente a obra musical.
-
recoñecemento das formas
[INFORM]
Conxunto de técnicas orientadas a identificar contornos, formas ou configuracións utilizando dispositivos que permiten organizar a información recibida a través da búsqueda, selección e comparación con outras formas. Unha imaxe, unha palabra, un texto ou un sinal poden ser formas. O recoñecemento de formas consiste en desenvolver un conxunto de regras para asignar un proceso de aprendizaxe. Para recoñecer as formas, utilízanse procedementos estatísticos, que empregan un modelo de clasificación, e procedementos lingüísticos, que utilizan un modelo de descrición.
Frases feitas
-
De forma que loc conx De xeito ou maneira que. Ex: Eu non lle dixen nada, de forma que non sei porque se enfadou.
-
Dunha forma ou doutra loc adv Indica que, a pesar dalgunha cousa, algo ocorrerá. Ex: Dunha forma ou doutra conseguirei ir a esa viaxe.
-
2 Gardar as aparencias. Ex: Lévanse moi mal, pero gardan as formas en público.
-
En forma. Estar en boa disposición para practicar calquera actividade ou deporte. Ex: Púxose en forma en tres días para poder xogar ese partido.
-
Gardar as formas 1 Comportarse de xeito correcto.