fento

fento

(< lat fĭlĭctu ‘lugar poboado de fentos’, de fĭlix -ĭcis ‘fieito’)

s m [PLANTA]

Planta criptógama vascular, da división dos pteridófitos, caracterizada por presentar un ciclo biolóxico con alternancia de xeracións e con dominancia do esporófito sobre o gametófito. A presenza da lignina nestas plantas permitiulles a conquista da vida terrestre grazas á protección, que supuña, das radiacións ultravioletas e dos herbívoros, ademais de poder distanciar os órganos de produción de esporas do chan e polo tanto facilitar a súa dispersión. Na actualidade existen unhas 12.000 especies, principalmente herbáceas terrestres, cunhas poucas especies acuáticas, distribuídas nun 80% nas rexións intertropicais e o resto nas rexións temperadas.

Sinónimos