Ferrol, ría de

Ferrol, ría de

Ría do litoral noroccidental da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis setentrional do Golfo Ártabro, que se abre entre o cabo Prioriño, ao N, e a punta Coitelada, ao S, e baña os concellos de Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol. Cunha dirección NL-O, a súa boca correspóndese cunha estreita abertura modelada sobre un batolito de granidiorita, inserido nun contexto de xistos, que caracteriza o resto da ría. O Grande de Xubia e o Belelle son os principais ríos que desembocan nela.