Gabinete de Orientación e Documentación Sociedade Anónima

Gabinete de Orientación e Documentación Sociedade Anónima
Nome científico: [GODSA]

Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

Palabras veciñas

Gabín | Gabin, Jean | gabinete | Gabinete de Orientación e Documentación Sociedade Anónima | Gabinio, Aulo | Gabino | Gabino