gabinete

gabinete

(

  1. s m
    1. Cuarto destinado a recibir visitas.

      Ex: Recibiunos nun gabinete cheo de libros.

    2. Estancia da casa que servía como tocador para as mulleres.

  2. s m

    Local destinado á exhibición dunha colección de obxectos curiosos ou destinados ao estudo dunha ciencia ou arte.

    Ex: Pensan converter o gabinete de bioloxía nun museo de entomoloxía.

  3. s m

    Cuarto ou lugar de traballo de certos profesionais.

    Ex: O avogado recibiume no seu gabinete. Montou un gabinete fotográfico.

    Confrontacións: consulta, despacho, estudio, taller.
  4. s m

    Oficina dun organismo encargada de resolver determinados asuntos.

  5. s m [POLÍT]

    Conxunto de ministros que, baixo a dirección do xefe do goberno, constitúen o poder executivo.

    Sinónimos: goberno.
  6. cadro de gabinete [PINT]

    Pequenas pinturas de cabalete concibidas para ser vistas de cerca. O termo aplícase, en xeral, ás obras destinadas aos interiores burgueses como os cadros de xénero holandeses do s XVII.

  7. gabinete psicopedagóxico [PEDAG]

    Departamento de orientación psicopedagóxica que pode funcionar dentro dunha institución escolar para apoiar os alumnos dese centro (xeralmente formado por un psicólogo escolar en coordinación co profesorado), ou fóra como servizo público ou privado que atende a todos os nenos que o soliciten (xeralmente formado por un grupo de profesionais: psicólogos, pedagogos, educadores especializados, etc).