Gaceta de Galicia
Gaceta de Galicia
[PUBLIC]
Xornal progresista e liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1918. Subtitulouse “Diario de Santiago”, posto que foi o substituto dun xornal que levaba esta mesma cabeceira. Fundado e dirixido por Manuel Bibiano Fernández, contra 1900 foi substituído por A. Fernández Tafall e, posteriormente, por Francisco Vázquez Enríquez. Saía todos os días agás os domingos. Incluía información sobre temas agrícolas, o ferrocarril, a saúde, a moda, os xogos florais, etc. Ademais inseriu algúns poemas, contos e folletíns sobre historia, economía e dereito. Ás veces, incluía tamén suplementos literarios.