1 franco
(
-
[ECON]
-
s
m
Unidade monetaria de diferentes países.
-
franco burundiano
Unidade monetaria principal de Burundi. Divídese en 100 céntimos.
-
franco CFA
Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas de África. É a unidade monetaria principal de Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Mali, Níxer, Senegal, Togo e Chad.
-
franco CFP
Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas da Polinesia.
-
franco comoriano
Unidade monetaria principal de Comores. Divídese en 100 céntimos.
-
franco malgaxe
Unidade monetaria principal de Madagascar. Divídese en 100 céntimos.
-
franco rwandés
Unidade monetaria principal de Rwanda. Divídese en 100 céntimos.
-
franco suízo
Unidade monetaria principal de Suíza desde 1850. Divídese en 100 rappen. É tamén a unidade monetaria en Lietchtenstein.
-
franco xibutiano
Unidade monetaria principal de Xibutí desde 1949. Divídese en 100 céntimos.
-
s
m
-
[NUMIS]
-
s
m
Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata. No s XIX o sistema monetario francés foi adoptado pola maioría de estados europeos e, en 1865, nos intercambios exteriores dos membros da Unión Monetaria Latina. A Primeira Guerra Mundial significou a perda do predominio do franco en Europa e o abandono do patrón ouro situouno nun período de fortes flutuacións. En 1958 creouse unha nova moeda, o nouveau franc, equivalente a 100 francos vellos e a 0,18 g de ouro fino, á que se lle deu a denominación de franc (F ou FF), unidade dividida en 100 céntimos e emitida, como a anterior, polo Banque de France. Empregouse tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído definitivamente polo euro o 28 de febreiro de 2002 e o seu cambio oficial co euro fixouse en 6,5595.
-
s
m
Moeda francesa de ouro, cun peso ao redor de 4 g e o valor dunha libra tornesa. Cuñouse por primeira vez en 1360 no reinado de Xoán II o Bo e denominouse franc à cheval. En 1365 Carlos V o Sabio acuñou tamén outro co nome de franc à pied. En 1423 Carlos VII emitiu novamente o franc à cheval, do mesmo valor e peso rebaixado a case 3 g de ouro fino.
-
s
m
Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa. No 1586 prohibiuse a súa cuñaxe, non obstante a emisión do medio franco e o cuarto de franco mantívose ata fin do reinado de Luís XIII (1610-1643).
-
s
m
alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, a diminución do valor desta unidade de conta orixinou o franco francés.
-
franco belga
Unidade monetaria principal de Bélxica desde 1832 dividida en 100 céntimos. Foi substituído definitivamente polo euro o 28 de febreiro do 2002 e o seu cambio oficial co euro fixouse en 40,3399.
-
franco luxemburgués
Unidade monetaria principal de Luxemburgo dividida en 100 céntimos. Foi substituído definitivamente polo euro o 28 de febreiro do 2002 e o seu cambio oficial co euro fixouse en 40,3399.
-
s
m