fraude

fraude

(< lat fraude)

  1. s f

    Acción de enganar a alguén para prexudicalo ou obter vantaxe en detrimento del.

  2. s f

    Engano consciente co que se prexudica a outro para beneficiarse.

    Confrontacións: estafa, roubo.
  3. s f

    Cousa de mala calidade ou que defrauda.

    Ex: Estes zapatos foron unha fraude, porque romperon o mesmo día que os merquei.

  4. s f [DER]

    Acción contraria á lei, ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a costa do Estado ou doutros. Por si mesma non constitúe delito, pero é parte fundamental de moitos (estafa, quebra fraudulenta, etc) e é unha agravante xenérica.

  5. s f [DER]

    Intención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.

  6. s f [DER]

    Acción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.

  7. fraude de acredores [DER]

    Negocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor, mediante o exercicio do dereito a dispoñer dos bens do seu patrimonio, priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.

  8. fraude de lei/á lei [DER]

    Acción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito. Esta acción non impide a debida aplicación da norma que se pretendía eludir.