Fujiwara
Fujiwara
Liñaxe nobre xaponesa que dominou a corte imperial entre os ss IX a XII. Tivo a súa orixe en Nakatomi-no Kamatari Fujiwara (s VII) e a súa influencia baseouse nos casamentos dos emperadores con membros da familia. Foron grandes mecenas das artes e das letras, entre os que destacou o poeta Fujiwara Teika.