Fundación, casa a
Fundación, casa a
Construción situada en San Vicente de Mañufe (Gondomar). Construída probablemente no s XVII, orixinariamente tiña planta rectangular con dúas alturas no eixe maior e unha altura no testeiro SL, á que se engadiu outra para acoller a cociña. Na fachada SO ten un patio pechado por un muro e por construcións adxectivas e unha solaina a xeito de patín á que se accede por unha escaleira de pedra. Na fachada N conserva outro patín. A porta de acceso ao patio é rectangular e remata nunha cornixa con dúas ameas, decoradas con baixorrelevos, e unha cruz central. Atópase en estado ruinoso.