Fundación Quinesia
Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).