Fundación Penzol

Fundación Penzol

Fundación sen ánimo de lucro constituída por iniciativa de Fermín Fernández Penzol-Labandera en Vigo o 7 de abril de 1963, co apoio da editorial Galaxia e aconsellado por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. Entre os seus obxectivos destaca a conservación da colección Penzol, formada por publicacións periódicas, libros, documentos, folletos impresos, papeis manuscritos, álbums fotográficos, mapas e planos. Preténdense que a Biblioteca Penzol se consolide como un centro ao servizo da investigación de todos os aspectos relacionados con Galicia mediante a preservación, a organización e a difusión do seu patrimonio bibliográfico. O seu padroado integraba a Fernández Penzol-Labandera, mentres Fernández del Riego dirixía a biblioteca. Trala morte de Penzol as entidades públicas, as editoriais e os particulares colaboran no incremento dos fondos da biblioteca.