Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes

Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes

Fundación sen ánimo de lucro crada en 2002 en Artes (Ribeira). Naceu coa finalidade de xestionar e organizar as actividades do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. O seu presidente fundador é o promotor do museo, Javier Expósito. Na súa creación participaron, entre outras institucións, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña, o concello de Ribeira, o Museo del Prado, a Calcografía Nacional e a Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas actividades está a organización de exposicións e outros actos arredor da arte gráfica.