fundidor -ra

fundidor -ra

(< fundir)

    1. adx e s

      Que ou quen funde.

    2. fundidor de letras

      Persoa que ten como oficio fundir as letras de chumbo na imprenta.

  1. s m [HIST]

    Fabricante de pezas de artillería. Xurdiu a finais da Idade Media e, dende comezos do s XVI, a monarquía hispánica dispoñía de fundidores a soldo nos seus establecementos ou ben acordaba con particulares o uso dos establecementos públicos para fabricar a artillería a un prezo convido.

Palabras veciñas

fundición | fúndico -ca | fundido -da | fundidor -ra | fundidora | fundir | fundo