fundir

fundir

(

  1. v t

    Facer pasar de estado sólido, especialmente un metal, a estado líquido mediante a acción da calor.

    Ex: Fundiu unha pulseira de ouro e fixo un anel.

  2. v t

    Moldear un obxecto vertendo nun molde unha substancia en fusión que despois se solidifica.

    Ex: Adoita fundir estatuas ecuestres.

  3. v t

    Disolver un sólido nunha substancia líquida.

    Ex: Fundir o azucre en auga e engadirlle unha pinga de licor.

  4. v t

    Xuntar unha cousa con outra, ou varias entre si, ata formar unha soa, especialmente cousas inmateriais.

    Ex: Fundiron as súas ideas para levar a cabo o proxecto.

  5. v t

    Diminuír unha cousa ata quedar reducida a nada.

    Ex: Fundiu a súa fortuna en negocios ruinosos.

  6. v t e pron

    afundir.

  7. v i

    Dar a impresión a alguén de que o tempo pasa menos de présa. OBS: Nesta acepción conxúgase como fuxir.

    Ex: Enredou facendo uns paquetes para que lle fundiran menos as horas que pasaba só.

    Sinónimos: render.
  8. v i

    Proporcionar algo un determinado produto ou beneficio. OBS: Nesta acepción conxúgase como fuxir.

    Ex: O xabón que comprei fonde moito.

    Sinónimos: render.
  9. v pron

    olverse líquido un sólido por medio da calor.

    Ex: O xelado fundíuselle na man porque tardou moito en comelo.

    Confrontacións: desxear.
  10. v pron

    Unirse unha cousa con outra ou varias cousas entre si para formar un todo, especialmente cousas inmateriais.

    Ex: Fundíronse os esforzos entre as nacións para acabar co conflito. Cando se atoparon fundíronse nunha forte aperta.

Palabras veciñas

fundido -da | fundidor -ra | fundidora | fundir | fundo | fundus* | fúnebre