gálibo
gálibo
(< ár hispánico qálib < árclásico qālib < gr καλόπους‘molde’)
-
s
m
[TRANSP]
Perfil exterior máximo que se pode dar ao contorno do vehículo para que poida pasar polos túneles e por outras instalacións fixas da vía. Estes han de quedar tamén por fóra dun perfil mínimo chamado gálibo de obstáculos.
-
s
m
[TRANSP]
Arco en forma de U invertido ou outro dispositivo que marca o gálibo para atravesar un túnel ou unha ponte.
-
s
m
[MAR]
Molde empregado polos carpinteiros de ribeira para contornear as cadernas ou outras pezas dunha embarcación.
-
s
m
[ARQUIT]
Bo aspecto dunha columna polas súas acertadas proporcións.