galicano -na
(< lat Gallicānu)
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga Igrexa da Galia ou ao galicanismo.
-
adx e s
Que ou quen é partidario do galicanismo.
-
adx
Que ten influencia francesa.
-
liturxia galicana
[RELIX]
Liturxia que se practicaba na Galia nos reinos precarolinxios. Os seus ritos eran diferentes aos romanos. A literatura que fala desta liturxia apareceu nos ss VI, VII, VIII en abundantes obras como: misas de Mone, Missale Gothicum, Missale Gallicanum Vetus, Missale Francorum (con moitos elementos romanos), Leccionari de Luxeuil, Benedicional de Freising, os Statuta Ecclesiae antiqua, as cartas do Pseudo-Xermano de París (Expositio brevis antiquae liturgiae Gallicanae) e moitos fragmentos. É unha literatura máis rica ca a romana, tanto nos formularios coma nos rituais. Non obstante , non se conservaron manuscritos con pneumas de canto galicano. Carlomagno impuxo o canto e o rito romano pero Ludovico Pío consolidou a liturxia galicana. No s XVI apareceu o neogalicanismo como reacción nacionalista á supremacía de Roma. Cara o 1839 retomouse o rito romano.