gálico, ácido

gálico, ácido
Nome científico: [ácido 3,4,5-trihidroxibenzoico: C<sub> 6</sub> H<sub> 2</sub> (OH)<sub> 3</sub> COOH]
[QUÍM]

Ácido fenólico que se obtén por hidrólise dos taninos. Co ión férrico forma unha coloración azulada, polo que se emprega na obtención de tinta. En terapéutica emprégase como astrinxente de uso interno e tamén como desinfectante.

Palabras veciñas

galicista | Galicja | gálico -ca | gálico, ácido | galicoso -sa | Galieno, Publio Licinio Egnatio | galilea