galilea

galilea

(< lat Galilaea)

  1. s f [ARQUIT]

    Atrio ou pórtico dunha igrexa que está ocupado por sepulcros de personaxes relevantes. Recibe tamén o nome de porta galilea por ser o remate da procesión de Pascua e simbolizar o regreso de Cristo a Galilea despois da súa morte ou porque era o lugar onde se entoaba, o día da Ascensión, o responsorio Veri Galilaei.

  2. s f [ARQUIT]

    Peza cuberta, fóra do templo e sen capela, destinada a cemiterio.

  3. s f [RELIX]

    Tempo que media, na Igrexa grega, dende a Pascua de Resurrección ata a Ascensión.