Galván

Galván
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no céltico bretón Gwalchmei, adaptado ao francés antigo como Gauvain. A forma primitiva deste nome era a irlandesa Caomhghin, tomada do antigo irlandés Coemgen ‘nacemento feliz’. Levan este nome o heroe do ciclo bretón, sobriño do mítico Rei Artur, e san Galván (s VI), quen fundou en Irlanda a abadía de Glendalough.