Galván en Saor

Galván en Saor
[LIT]

Novela da autoría de Darío Xohán Cabana que acadou o Premio Xerais en 1989. A través de quince capítulos, o autor achégase ao mundo artúrico a través de Galván, sobriño do Rei Artur, que deixa Bretaña desenganado e farto das loitas que provoca a busca do Graal, para trasladarse a Saor nunha época actual e levar a cabo dende este lugar saídas propias dun cabaleiro e tamén librar batallas, experiencia que vai rematar coa visión do Grial e coa súa volta a Bretaña para morrer preto do seu rei. A acción desenvólvese nunha duplicidade espacio-temporal e os personaxes principais actúan nun dobre escenario. Galván é o elo de unión entre o mundo real e cotián de Saor e o bosque, onde teñen lugar as batallas e están os ananos, xigantes, cabaleiros e castelos. Toda unha galería de personaxes (Merlín, Artur, Manuel de Braes, Inés, Masito, Vedromil, Silvania) transportan o lector a un mundo máxico, onde se mestura o marabilloso coa realidade.

Palabras veciñas

Galuppi, Baldassare | Galván | Galván | Galván en Saor | Galvani, Luigi | galvánico -ca | galvanismo