gardar
(< garda)
-
v t
Antónimos:
abandonar.
-
Coidar algo ou a alguén para que non lle ocorra ningún dano ou prexuízo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con perigo se garda o que a moitos agrada. Mal se garda o que a moitos agrada.”
Ex: Os soldados gardan o edificio. A rapaza gardou o neno durante todo o día.
Sinónimos: custodiar, vixiar. Antónimos: abandonar. -
Preservar a alguén de algo ou alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar. Deus te garde do can atado e do home arroutado. Gárdate Deus dalgunha xente coma dun can doente.”
Ex: Deus nos garde de males máis grandes!
-
-
v t
Poñer algo nun lugar seguro para que estea protexido ou no sitio onde lle corresponda.
Ex: Gardamos a roupa no armario. Garda o testamento na caixa forte.
Sinónimos: conservar. -
v t
Manter algo ou impedir que se perda.
Ex: Aínda garda os xoguetes da infancia. Garda a tradición de cocer o pan en forno de pedra.
-
v t
Ter alguén ao seu cargo cousas doutra persoa.
Ex: Gardoume os mobles na súa casa ata que me pintaron o apartamento.
-
v t
Ocultar algo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.”
Ex: Este bosque garda moitas marabillas.
Sinónimos: encerrar. - v t
-
v t
Cumprir ou acatar alguén as leis, normas, promesas ou outra cousa similar.
Ex: Se gardases as normas non che abrirían un expediente. Sempre garda a distancia de seguridade que establece o código.
Sinónimos: respectar. -
v t
Permanecer durante algún tempo na mesma situación ou estado.
Ex: Gardou repouso durante todo o embarazo.
-
v t
Reservar algo para alguén.
Ex: Gardáronlle o traballo ata que se recuperou. Gardáronlle a mellor mesa para cear. Gardoulle un asento ó seu lado.
-
v t
-
Gastar con moita mesura. Na tradición oral recóllense ditos como: “Garda da risa para outro choro, que aínda que che tarde pode vir logo. Garda o gardador para o bo gastador. Non sempre debe o rico gardar, nin o pobre escatimar.”
Ex: Sempre gardaba os cartos porque lle gusta aforrar.
-
Non usar unha cousa e reservala para certa ocasión. Na tradición oral recóllense ditos como: “Garda do pan para maio, e da leña para abril, que che ha de cumprir. Garda pan para maio e leña para todo o ano. Garda o teu saio para maio.”
Ex: Gardou con moito coidado o traxe novo.
-
Separar algo e reservalo para alguén.
Ex: Gardaron un anaco de torta para os netos.
-
-
v t
Non comunicar ou transmitir algo a alguén.
Ex: Gardou a súa resposta ata a votación.
-
v i e pron
Conservar un alimento as súas propiedades para o consumo durante bastante tempo.
Ex: Este arroz xa ten dous días e aínda garda o seu sabor. Comprou uns iogures que se gardan fóra da neveira.
-
v pron
Tomar precaucións para evitar algún dano ou malestar ocasionado por algo ou alguén. OBS: Emprégase seguido da preposición de. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Gárdate, nena, do mozo cando lle apunta o bozo.”
Ex: Gardouse de dicir nada despois da súa actitude. Gardáronse do frío toda a noite con mantas. Gárdate das persoas que teñen malas intencións.
-
v pron
Facer pouco uso dalgunha calidade para utilizala máis adiante. OBS: Emprégase seguido da preposición para.
Ex: Gardouse para a competición de fin de curso.
Frases feitas
-
Estar gardado para un. Estar nunha situación irremediable.
-
Gardar a boca. Non comer todo o que se desexa.
-
Gardar a liña. Non comer moito e conservar boa figura.
-
Gardar das risas/risos para as
-
choras/choros. Saber adaptarse a todas as situacións.
-
Festa de gardar. Festa relixiosa que é de obrigado cumprimento.
-
Gardar a lingua. Conterse cando se fala.
-
Gardar as costas. Protexerse ou librarse dunha paliza.
-
Gardar cama. Estar enfermo e permanecer nela por indicación médica.
-
Gardar o corpo. Salvarse dalgún perigo ou non traballar.
-
Gardar o diñeiro debaixo de sete chaves. Gardalo moi gardado.
-
Gardar o rego. 1) Realizar con disciplina unha tarefa encomendada. 2) Escribir dereito sobre o papel.
-
Gardarlle lei a alguén. Serlle fiel.
Refráns
- a can e o gato comen o mal gardado.
- a que aberta a súa arca deixa, se o rouban, ¿por que se queixa?
- Casa con dúas portas non a gardan tódalas donas.
- É tolería non ter ben gardado o que está ben gañado.
- Garda do pan para maio e da leña para abril, que che ha de cumprir.
- Garda o prado e manterás o gando.
- Garda que comas e non gardes que fagas.
- Garda que comer e non gardes que facer.
- Gardado é o que Deus garda.
- Gardar que comer e non gardar que facer.
- Mellor se garda o que con traballo se gaña.
Palabras veciñas
gardamobles | gardamontes | gardapó | gardar | gardarríos | gardarroupa | gardaselosIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardo
gardas
garda
gardamos
gardades
gardan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardaba
gardabas
gardaba
gardabamos
gardabades
gardaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardei
gardaches
gardou
gardamos
gardastes
gardaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardara
gardaras
gardara
gardaramos
gardarades
gardaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardarei
gardarás
gardará
gardaremos
gardaredes
gardarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardaría
gardarías
gardaría
gardariamos
gardariades
gardarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles garde
gardes
garde
gardemos
gardedes
garden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardase
gardases
gardase
gardasemos
gardasedes
gardasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardar
gardares
gardar
gardarmos
gardardes
gardaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
garda
-
-
gardade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardar
gardares
gardar
gardarmos
gardardes
gardaren
gardada
gardados
gardadas