abandonar

abandonar

(< fr abandonner)

  1. v t

    Deixar desamparado algo ou a alguén.

    Ex: Abandonou a familia sen dar ningún tipo de explicacións.

    Sinónimos: desamparar. Antónimos: amparar, protexer.
  2. v t

    Deixar vacante un cargo.

    Ex: Abandonou a presidencia porque estaba canso do seu mandato.

    Sinónimos: dimitir, renunciar. Confrontacións: cesar, depoñer.
  3. v pron

    Entregarse sen reserva ás inclinacións naturais, a unha paixón ou a un vicio.

    Ex: Abandonáronse ó xogo e acabaron arruinados.

  4. v t

    Renunciar a algo .

    Ex: Despois de vinte anos abandonou a profesión de escritor.

  5. v t

    Deixar en poder de alguén ou de algo.

    Ex: Os soldados abandonaron a cidade á súa sorte, sen preocuparse dos feridos .

  6. v t

    Partir dun lugar.

    Ex: Abandonaron o país por motivos políticos.

    Sinónimos: deixar, marchar.
  7. v t [XOGO/DEP]

    Retirarse dun xogo ou dunha competición deportiva, en sinal de protesta ou por incapacidade física, antes de rematar por razóns non previstas e alleas ao regulamento.

    Ex: Abandonaron a partida porque non estaban de acordo coas normas.

  8. v pron

    Non preocuparse do aseo persoal.

    Ex: Despois da súa separación abandonouse tanto que semella un baldreo.

Frases feitas

  • Abandonar este mundo. Morrer.

Palabras veciñas

abandeiramento | abandeirar | abandonado -da | abandonar | abandonismo | abandonista | abandono
Conxugar
VERBO abandonar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandono
abandonas
abandona
abandonamos
abandonades
abandonan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonaba
abandonabas
abandonaba
abandonabamos
abandonabades
abandonaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonei
abandonaches
abandonou
abandonamos
abandonastes
abandonaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonara
abandonaras
abandonara
abandonaramos
abandonarades
abandonaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonarei
abandonarás
abandonará
abandonaremos
abandonaredes
abandonarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonaría
abandonarías
abandonaría
abandonariamos
abandonariades
abandonarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandone
abandones
abandone
abandonemos
abandonedes
abandonen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonase
abandonases
abandonase
abandonasemos
abandonasedes
abandonasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonar
abandonares
abandonar
abandonarmos
abandonardes
abandonaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abandona
-
-
abandonade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abandonar
abandonares
abandonar
abandonarmos
abandonardes
abandonaren
Xerundio abandonando
Participio abandonado
abandonada
abandonados
abandonadas