Gewandhaus
Gewandhaus
Institución de concertos de Leipzig, creada en 1781 e instalada na sala do mesmo nome, que no s XIX se converteu nunha das máis importantes de Alemaña. Nela foron directores, entre outros, F. Mendelssohn, Niels Gade, A. Nikisch, W. Furtwängler e Bruno Walter.