Gezer
Gezer
Antiga poboación de Palestina, ao NO de Xerusalén, habitada dende o Calcolítico (3400 a C) ata a época dos Macabeos (ss II-I a C). Foi conquistada polos exipcios nas dinastías XVIII, XIX e XXI. Nas escavacións localizáronse materiais exipcios, un óstrakon do s XVII a C, un santuario cananeo (1500 a C) e o calendario de Gezer (950 a C).