geyser*

geyser*
s m [XEOG]

Chafariz de auga quente e de vapor de auga, que sae violenta e periodicamente por unha cheminea especial. Están en relación cos fenómenos volcánicos e abundan en Islandia, EE UU (Parque Nacional de Yellowstone) e Nova Zelanda. Para a súa formación cómpre que os condutos por onde ascende a auga sexan curvos, ramificados ou irregulares, co fin de que non se formen correntes de convección que impidan o quentamento brusco da auga, e que exista un foco de calor, xeralmente de orixe volcánica, a poucos centos de metros de profundidade, non lonxe dunha fonte subterránea de auga coa que entra en contacto. Cando se acada o punto de ebulición, toda a auga do conduto é expulsada violentamente. Na súa ascensión a auga disolve as paredes do conduto e ao seu redor pódense formar depósitos minerais de ópalo ou calcita pouco importantes.

Palabras veciñas

GeV | Gevaert, François-Auguste | Gewandhaus | geyser* | geyserita* | Gezer | Ghāghra