Glasgow, escola de
Glasgow, escola de
Escola artística escocesa de finais do s XIX que se corresponde co desenvolvemento do modernismo. Charles Rennie Mackintosh definiu as súas características na Glasgow School of Art: revalorización do traballo artesán e acentuación do xogo compositivo dos volumes arquitectónicos. A esta escola pertenceron Margaret Mac Donald e Herbert Mac Nair.