glasnost*
glasnost*
s
f
[POLÍT]
Nome co que se designa a nova política “de portas abertas” relativa aos medios de comunicación e á actividade cultural emprendida por M. Gorbačov, desde o seu acceso ao poder en 1985. Formaba parte, xunto coa perestrojka, do proceso de renovación da Unión Soviética, e pretendía poñer fin á deformación da información resultante do monopolio do Estado sobre os medios de comunicación e posibilitar a circulación libre de ideas, e tamén unha revisión crítica sobre aspectos da historia soviética.