gleba

gleba

(< lat bleba)

  1. s f

    Terrón que se levanta ao arar.

    Sinónimos: cadabullo, cadolo, cadullo, carolo, cotellón. Confrontacións: leiba.
  2. [HIST]
    1. s f

      Terra á que se adscribían os servos ou determinados colonos no sistema feudal.

    2. servo da gleba

      Nome que recibía no sistema feudal o servo adscrito á terra, e que se vendía ou transfería con ela.

  3. s f [BOT]

    Masa central do aparato esporífero dalgúns fungos, principalmente gasteromicetos.