gondi

gondi
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo gondi ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo gondi.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo da India que habita no N do Deccan, entre os estados de Andhra Pradēsh, Mahārāṣhṭra e Madhya Pradēsh. No s XVIII constituíron un pequeno e poderoso reino en Madhya Pradēsh, pero foron derrotados e víronse forzados a retirarse cara ás rexións abruptas e selváticas. Organízanse en tribos que forman pequenas aldeas e dedícanse á caza e á recolección. O seu aspecto físico é similar ao dos primitivos vedas de Ceilán.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum drávido que fala o pobo gondi.