góndola
góndola
(< ital gondola)
s
f
[MAR]
Embarcación menor, longa e estreita, de fondo plano, típica de Venecia, cunha proa e unha popa saíntes e aguzadas, e movida cun só remo. A armadura adoita ter, no medio, unha cabina onde sentan os pasaxeiros. É asimétrica respecto ao plano lonxitudinal, para contrarrestar o efecto de caída cara a babor que se produce ao ser impelida co remo desde estribor.