goticismo
goticismo
(
s
m
[LIT]
Movemento literario romántico sueco que, a través de Iduna -órgano da Liga gótica (Gotiska Förbundet)-, propugnaba o renacemento do sentimento nacional nórdico, entroncándoo coa primitiva mitoloxía indíxena considerada paralela á clasica. Entre os autores máis representativos destacaron Erik Gustaf Geijer e Arvid August Afzelius, quen fixo unha valiosa recolleita das baladas populares tradicionais.