granadeiro

granadeiro

(

s m [BÉL]

Soldado dun corpo de infantería especial que apareceu nos exércitos europeos desde o s XVII. Caracterizábanse polo emprego de granadas de man contra a artillería inimiga. Distribuíase en compañías, asignadas aos distintos batallóns de infantería, que pelexaban en primeira liña. Posteriormente, transformáronse en tropas de asalto, dotadas de armas lixeiras e bombas de man, coa misión de atacar as posicións inimigas antes da chegada da infantería.