grávido -da

grávido -da

(< lat gravĭdu)

  1. adx

    Que está en período de xestación.

    Ex: A muller estaba grávida.

    Sinónimos: encinta.
  2. adx

    Que está cheo ou cargado de algo.

    Ex: As nubes grávidas ameazaban descargar un mundo de auga.

  3. adx

    Que é pesado e pouco áxil.

    Ex: Camiñaba grávido, arrastrando o seu corpo lento pola chaira.

Palabras veciñas

Gravetense | gravidade | gravidez | grávido -da | gravimetría | gravimétrico -ca | gravímetro