gravímetro
gravímetro
(< lat grave ‘pesado’ +-metro)
-
s
m
[XEOL]
Aparato que serve para medir a anomalía da aceleración da gravidade. Os gravímetros dinámicos baséanse na medida do período de oscilación dunha masa oscilante que se somete á forza da gravidade e a outra forza ou par antagónicos. Os gravímetros estáticos, que máis se empregan, baséanse na medida da posición de equilibrio dunha masa que se someten ás mesmas forzas.
-
s
m
[FÍS]
Tipo de aerómetro para determinar o peso específico dos sólidos.