gravitacional
gravitacional
(< gravitación)
-
adx
Relativo ou pertencente á gravitación.
-
lente gravitacional
[FÍS]
Imaxe predita por Einstein, pola que a luz que procede dunha galaxia que se sitúa detrás dun cúmulo queda distorsionada pola atracción gravitatoria desta. Un caso particular é o anel de Einstein.