Grupo Anarquista Nervio
Grupo Anarquista Nervio
Colectivo integrado na FAI coruñesa desde 1935, que colaborou no xornal anarquista Brazo y Cerebro, en que deixou constancia das súas posturas contrarias ao estatuto galego e a prol dunha saída revolucionaria á crise económica e social da República. A súa representación na Federación local da FAI correu a cargo do peón coruñés José González.