Grupo Anarquista Tierra
Grupo Anarquista Tierra
Colectivo xurdido na Coruña entre os anos 1922-1923 e integrado, entre outros, polos militantes cenetistas J. Arenas e R. García Lago, así como polo daquela estudiante, Emilio González López. Tiveron como voceiro o semanario anarquista de idéntica denominación, e o seu acto público máis relevante foi o multitudinario mitin celebrado na praza de touros coruñesa en setembro de 1923, poucos días antes da proclamación da Ditadura de Primo de Rivera, en protesta pola condena a morte do cabo Sánchez Barroso, implicado nunha tentativa de revolta contra o envío de tropas a Marrocos.