gueux*

gueux*
s m pl [HIST]

Termo utilizado para designar os habitantes dos Países Baixos que se rebelaron contra o dominio hispánico. Aínda que significa ‘mendigo’, nun principio aplicouse aos membros da nobreza que solicitaron a Margarida de Austria a tolerancia relixiosa. Posteriormente, designou a oposición calvinista á monarquía hispánica.