guiar

guiar

(< xerm witan?)

  1. v t
    1. Conducir a alguén por algún lugar.

      Ex: Guiounos pola catedral.

      Sinónimos: dirixir, orientar, dirixir.
    2. Indicar a alguén o camiño que debe seguir.

      Ex: Guiouna un veciño ata a túa casa.

      Sinónimos: conducir, encarreirar.
  2. v t
    1. Orientar a alguén mediante consellos.

      Ex: Intenta guiar os seus pupilos.

    2. Dirixir o desenvolvemento dalgunha cousa.

      Ex: Púxolle paos ás plantas para guialas.

  3. v t

    Conducir un vehículo.

    Ex: Guiou o coche ata a porta do traballo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Guía ben.

  4. v t [MAR]

    Levar un cabo de manobra polos sitios por onde debe pasar.

  5. v i

    Posuír alguén todas as facultades mentais.

    Ex: Para ter tantos anos aínda se guía mellor do que pensabamos.

    Sinónimos: rexer.
  6. v pron

    Orientarse a través de algo que se toma como guía ou referencia.

    Ex: A rapaza guiábase polas luces das farolas.

  7. v pron

    Ser obediente.

    Ex: Desde que entrou no instituto non se me guía nada.

  8. v pron

    Comportarse alguén con sensatez e prudencia.

    Ex: Guíate e non fagas nada do que te poidas arrepentir.

  9. v pron

    Comportarse ou actuar alguén seguindo as pautas, consellos ou exemplo doutra persoa. OBS: Emprégase seguido da preposición por.

    Ex: Guíate polo teu irmán, que ten moita cabeza.

Palabras veciñas

guiador -ra | Güiana | güianés -sa | guiar | guiceiro | guicha | guichada
Conxugar
VERBO guiar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guío
guías
guía
guiamos
guiades
guían
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiaba
guiabas
guiaba
guiabamos
guiabades
guiaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiei
guiaches
guiou
guiamos
guiastes
guiaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiara
guiaras
guiara
guiaramos
guiarades
guiaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiarei
guiarás
guiará
guiaremos
guiaredes
guiarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiaría
guiarías
guiaría
guiariamos
guiariades
guiarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guíe
guíes
guíe
guiemos
guiedes
guíen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiase
guiases
guiase
guiasemos
guiasedes
guiasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiar
guiares
guiar
guiarmos
guiardes
guiaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
guía
-
-
guiade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
guiar
guiares
guiar
guiarmos
guiardes
guiaren
Xerundio guiando
Participio guiado
guiada
guiados
guiadas