orientar
(< oriente)
-
v t
-
Situar unha cousa nunha dirección en relación aos puntos cardinais.
Ex: O arquitecto orientou a casa cara ao leste para aproveitar máis o sol.
-
Sinalar o norte nun plano ou nun mapa.
Ex: Orientou o mapa dunha maneira incorrecta e acabaron por perderse.
-
-
v t
Sinalar a alguén o camiño que debe seguir.
Ex: O indíxena orientouno coas súas indicacións.
Sinónimos: encamiñar, guiar. -
v t
Informar a alguén do que ignora ou desexa saber para que poida decidir adecuadamente.
Ex: Orientoume sobre as posibles ofertas de traballo.
Sinónimos: aconsellar, asesorar. -
v t
Encamiñar algo ou a alguén cara a un fin determinado.
Ex: Orientou o fillo desde pequeno cara á olaría.
Sinónimos: encarreirar. -
v t
[MAR]
-
Dispor as velas de maneira que reciban o vento no ángulo máis vantaxoso para a propulsión.
-
Determinar e marcar, nunha carta ou nun plano, a dirección N-S para coñecer a situación da nave respecto dos catro puntos cardinais.
-
-
v pron
Situar a posición que alguén ocupa con respecto aos puntos cardinais ou calquera outro punto de referencia.
Ex: Aínda que esqueceu o compás, orientouse moi ben polas estrelas.
-
v pron
Dar co camiño que se busca.
Ex: Orientouse tan ben que deu co sitio.
-
v pron
Informarse sobre o que se ignora ou se desexa saber.
Ex: Antes de facer o curso orientouse sobre o tema.
-
v pron
Marcar uns obxectivos a seguir.
Ex: Orientouse ben na vida.
Palabras veciñas
orientalista | orientalización | orientalizar | orientar | oriente | Oriente | Oriente, Cuestión deIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles oriento
orientas
orienta
orientamos
orientades
orientan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientaba
orientabas
orientaba
orientabamos
orientabades
orientaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientei
orientaches
orientou
orientamos
orientastes
orientaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientara
orientaras
orientara
orientaramos
orientarades
orientaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientarei
orientarás
orientará
orientaremos
orientaredes
orientarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientaría
orientarías
orientaría
orientariamos
orientariades
orientarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles oriente
orientes
oriente
orientemos
orientedes
orienten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientase
orientases
orientase
orientasemos
orientasedes
orientasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientar
orientares
orientar
orientarmos
orientardes
orientaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
orienta
-
-
orientade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles orientar
orientares
orientar
orientarmos
orientardes
orientaren
orientada
orientados
orientadas