Oriente, Cuestión de
Oriente, Cuestión de
Problema da diplomacia europea para a eventual liquidación do Imperio Otomán e, sobre todo, para impedir ao Imperio Ruso unha saída ao Mar Mediterráneo. Esta cuestión, iniciada coa decadencia do Imperio Otomán e co crecemento paralelo das ambicións orientais do imperio dos Habsburgo, acabou coa penetración doutra potencia na zona, Reino Unido, que mantivo a hexemonía no Mediterráneo.