guindola

guindola
  1. s f [MAR]
    1. Estada feita con táboas e cabos que se emprega para pintar, rascar ou facer outras operacións na cheminea e costado do barco.

    2. Asento formado cunha táboa e catro ventos, unidos estes nun grillón, que se afirma a unha driza como estada voante.

  2. s f [MAR]

    Salvavidas especial colgado na parte exterior do barco, provisto dun recipiente que contén fosfuro de calcio, que permite localizar o lugar onde se atopa ao guindalo ao mar. É de cortiza ou sintético, de cor laranxa rechamante, con bandas reflectantes, e vai provisto dunha rabela de 27,5 m de lonxitude, con luz de acendido automático. O diámetro interior mínimo dos aros é de 46 cm e soporta un peso de 14,5 kg durante 24 h. Debe levar pintado o nome do barco e o porto de matrícula.

  3. s f [MAR]

    Estada que rodea un pau dun barco.

Palabras veciñas

guindastre | guindeira | Guindilla, La | guindola | Guiné-Bissau | guinea | Guinea