Haia, Alianza da

Haia, Alianza da

Tratado asinado por Austria, Holanda e Inglaterra en setembro de 1701, ao que en 1703 se uniron Portugal e o Ducado de Savoia, co fin de impedir o acceso de Filipe de Anjou ao trono dos reinos hispánicos para o que apoiaron a candidatura do arquiduque Carlos de Habsburgo. A intervención militar produciuse en 1702 no marco da Guerra de Sucesión Española (1702 - 1714).

Palabras veciñas

hahnio | Hai Hung | Haia, A | Haia, Alianza da | Haia, Convencións da | Haia, escola da | haiano -na