Haia, escola da

Haia, escola da

Escola pictórica que se desenvolveu na Haia entre 1870 e 1880. Inspirouse na escola de Barbizon e nas primeiras conquistas do impresionismo e en menor medida na tradición romántica do s XVIII. O seu precursor foi Johannes Bosboom e o seu representante principal, Josef Israels. Entre os continuadores atópanse Hendrick W. Mesdag, Anton Mauve, Hendrick e Johannes Weissenbruch, Jacob Matthijs e Willen Maris.