haida

haida
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos haida ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo haida.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo indíxena de Canadá que habita nas illas de Raíña Carlota e ao S da illa do Príncipe de Gales. Pertencen ao grupo cultural dos indios do noroeste e a súa economía baséase na pesca do salmón, a caza de grandes animais mariños e a utilización da madeira dos montes. Da súa arte destacan os tótems e as máscaras de madeira.

  4. s m [LING]

    Lingua que pertence ao phylum na-dené. Xunto cos pobos tlingit (ó N de Vancouver), kwakiutl, tsimshian e salish (na costa da Columbia Británica), constitúen o grupo cultural denominado do noroeste.