haiduco

haiduco
s m [HIST]

Membro das milicias irregulares húngaras. Vixiaban as fronteiras, pero trala invasión turca de Hungría no s XVI convertéronse en bandoleiros. No s XIX, tras unirse aos independentistas serbios e búlgaros (1804-1813), recoñeceuse a súa autonomía no distrito de Hajdú. Posteriormente serviron a Rusia na loita contra Turquía (1877-1878).

Palabras veciñas

haiano -na | haida | Haidinger, franxas de | haiduco | Haifa | Haifa | Haig, Alexander Meigs